jueves, 4 de diciembre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

O luns 1 de decembro celebrouse unha xornada de portas abertas na Biblioteca do colexio para presentar a nova empresa que se encargará do seu funcionamento, trátase de "Imaxinatia", que será a responsable da Ludoteca dependendo da ANPA do Centro.

O primeiro taller de Nadal realizado seguiu a temática "Nadal no mundo"; os nenos e nenas fixeron un mapa do mundo e a través dun xogo atoparon indformación do Nadal nos diferentes países. Completaron con debuxos a información que descubriron no mapa. Nos próximos días voltarán a traballar sobre o mesmo mapa.
O terceiro día adicárono a Xapón, onde empezaron con figuras simples de "origami" co fin de ir pouco a pouco mellorando a súa destreza, para poder facer figuras de Nadal máis complexas.
Tamén se van a empezar actividades de formento da lectura, falarán de lendas e especialmente do "Apalpador".




No hay comentarios:

Publicar un comentario