lunes, 26 de enero de 2015

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO PRIMARIA

Hoxe, os alumnos de 5º e 6º do Colexio Escolapios foron recibidos polo alcalde da nosa cidade, D. Severino Rguez. O motivo desta recepción era explicar de primeira man como os alumnos elaboraron a guía turística para nenos.

Durante unha semana, o colexio realizou varios proxectos interdisciplinares, dos que saíron distintos produtos finais. Un destes produtos foi a Guía Turística de Monforte para nenos.
Estes proxectos interdisciplinares, aos que se lle da gran importancia e valoración na nova lei educativa, posibilitan unha aprendizaxe diferente, axudando a desenvolver todas as capacidades e intelixencias dos alumnos.
Xa na reunión mantida os alumnos explicáronlle ao alcalde como foi o traballo realizado e a elaboración da guía; mantiveron con el unha charla animada na que se interesou polos lugares que máis lle chamaron a atención aos alumnos así como polas actividades que máis os motivaron mentres facían o traballo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario