miércoles, 4 de marzo de 2015

RECICLANDO MONFORTE

Na xornada de hoxe, mércores 4 de marzo, uns 100 alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron na actividade organizada polo Concello de Monforte “Reciclando Monforte. Un pequeno cambio para un mellor futuro”, ao longo da mañá na Praza de España.
Con esta campaña concienciamos aos alumnos da importancia da recollida selectiva dos residuos e da reciclaxe posterior. Empezamos cunha explicación previa por parte das monitoras sobre a importancia de separar correctamente os residuos e utilizar os contedores axeitados. Durante a actividade realizamos tres probas, na primeira houbo que colocar no contedor axeitado unha morea de residuos que quedan na mesa despois dunha comida, nunha segunda proba tiveron que interactuar cos viandantes para explicarlles a recollida selectiva e entregarlles uns folletos explicativos e a derradeira proba foi un xogo de pistas nos que cada grupo atopou as respostas ao seu cuestionario.

Foi unha mañá moi interesante, tanto polo aprendido, como pola convivencia entre os alumnos e coa xente da rúa e na que disfrutamos ademais dunha climatoloxía excelente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario