domingo, 29 de noviembre de 2015

CALASANZ 2015

AO ENCONTRO DE CALASANZ

Como cada ano celebramos a semana de S. José de Calasanz, na que honramos ao fundador das Escolas Pías, e o primeiro en crear unha escola gratuíta.
Para elo empezamos ambientando o colexio como se merece a ocasión, realizamos titorías para lembrar a súa figura e tivemos un día de celebración, que foi o venres 27. Empezamos cunha celebración na igrexa para, a continuación, degustar unha excelente chocolatada; como sempre o "chocolateiro" Manolo foi un crack. Despois tivemos os xogos para todas as etapas e, nestes curso, en Primaria pola tarde fixemos un "xogo de cidade" para acabar a xornada.
Aínda que máis tarde, a partires das 19:30 celebrouse unha Eucaristía para todas a Comunidade Educativa e uns pinchos no comedor para todos os asistentes.
Foi unha xornada intensa de celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario