domingo, 4 de noviembre de 2012

APRENDENDO COUSAS NA NATUREZA: OS TROLLOS




Explicación de Ramón Mantilla
O pasado día 30 de outubro, os alumnos de 4º de primaria fomos de visita ao viveiro Os Trollos (Bóveda). Os nosos obxectivos nesta saída foron: 
Recoñecer aspectos naturais (flora, fauna), relacionados co  bosque e desenvolver actitudes de respeto e de interese cara a natureza.








Explicación do garda forestal

Ás explicacións de Ramón Mantilla, do garda do viveiro e dos nosos mestres, axudáronnos a comprender un pouco mais o comportamento dalgunhas plantas e os usos destas, ademáis de darnos consellos útiles para desenvolvernos mellor no medio natural.

  Todo o grupo semellando... unha seta!
          

Distintos tipos de setas atopadas no viveiro


Lembrade a importancia deste dito que nos deixou Xosé, o garda forestal, para ter en conta cando vexamos setas: "Moito tes que saber para setas comer".