miércoles, 28 de noviembre de 2012

“MOITO HAS DE SABER PARA SETAS PODER COMER”



O mércores día 31 os alumnos de 3º A e 3º B de primaria foron visitar o  viveiro “Os Trollos”.
Pola mañá fixemos un percorrido, acompañados por un técnico forestal , que nos foi explicando os diferentes  tipos de árbores e cogomelos que atopábamos polo camino.
Á tarde, despois de xantar, visitamos a aula da natureza na que nos ensinaron  sementes e as diferentes utilidades que ten a madeira.
Disfrutamos moito da excursión e os nenos tomaron boa nota de todo o que nos ensinaron.