lunes, 18 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS

Na xornada de hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun acto conxunto no xardín do colexio.
O acto comezou coa presentadora Alexandra Pérez de 4º de ESO explicando, coa colaboración do público, o porqué da celebración. A continuación dous alumnos de 6º de Primaria, Lara e David leron unha breve biografía do homenaxeado, o autor Xosé Filgueira Valverde; por outra parte Ariadna de 4ºB de Primaria recitou un poema. A parte musical estivo realizada por Yoan, de ESO, que tocou varias pezas tradicionais galegas co violín e por último o himno galego interpretado polos alumnos de ESO coas flautas e coa colaboración de Yoan e o seu violín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario