miércoles, 13 de mayo de 2015

VOZ NATURA: Ao rico tomate!

Esta tarde adicamos un ratiño a plantar do sementeiro unha pequena planta de tomate. Cada rapaz plantou a súa e decorámola cunha manualidade de Plástica. Ademáis, fomos a colocalos nuns maceteiros fantásticos que fixeron os compañeiros da ESO.
O resultado, esteticamente falando, foi bo; veremos que gusto teñen os tomatiños... Seguro que están riquísimos!