miércoles, 5 de noviembre de 2014

1,2,3 ... ACCIÓN! DÍA 3

1,2,3... 2º CICLO ACCIÓN



DÍA 3 WALLACE & GROMIT THE WRONG     TROUSERS - EL HOMBRE ORQUESTA         

Ola a todos! Na xornada de hoxe os nenos estiveron xeniais. Pola mañá vimos a película en inglés de Wallace & Gromit: The wrong trousers. Unha película de animación, técnicamente chamada Claymotion, un subxénero de animación dentro da técnica "stop motion" na que se emplea a plastilina como material primordial para moldear entornos e personaxes. 


Ao rematar de ver a película, realizamos unha tarefa na puxemos como pensamos que se facían este tipo de películas, vimos como se facían no making off das películas de Wallace & Gromit, e pensamos como poderíamos facer para adaptalo a unha película na que usaríamos figuras de Playmobil. 
A continuación contestaron unha cuestións, tamén en inglés, relacionadas co filme. E logo fixemos un diccionario trilingüe de prendas de vestir (castelán, inglés, galego). 

Durante o recreo hoxe proxectamos a curtametraxe "El hombre orquesta". Aquí vola deixo para que a poidades vela de novo.


Por último deixamos que a imaxinación dos nosos nenos se puxese a traballar nos argumentos da súa pequena película... e xa veredes o gran nivel que teñen estes nenos á hora de preparar unha película. Polo momento vos deixo unha pequena mostras en imaxes do seu traballo, pero para ver as súas curtametraxes teredes que esperar ao venres.

Ah, esquecíame! Mañá tocalle aos alumnos de 4ºA organizar a entrada á curtametraxe e facer os carteis da peli que veremos mañá.

Como resumo, día a día poñemos no noso mural unhas imaxes e un resumo do que facemos cada día.







No hay comentarios: