lunes, 3 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO "FOLLOW ME"

DÍA 1
Empezamos recibindo aos alumnos no Salón de Actos, onde fixemos a oración do día e lles explicamos o Proxecto que realizaremos ao longo da semana, os obxectivos que perseguimos, o que esperamos deles e como imos avalialos durante o proceso.
Tamén lles explicamos o traballo do día, esto farémolo todos os días ás 10:00



Despois cada clase foi recibida na nosa “Oficina de Turismo” por Ami, a nosa guía plurilingüe. Mostroulles a Oficina de Turismo do proxecto e entregoulles as credenciais que os identificarán ao longo da semana.

Xa en cada clase os alumnos termiraron de cumplimentar as credenciais cos seus datos e despois cada titor cos seus alumnos fixo un visionado dun vídeo de Monforte (emitido na TVG) que serviu de base para a 1ª actividade de traballo en grupos, unha rutina “Vexo, penso e pregúntome” sobre o vídeo de Monforte.
Esta actividade xa se fixo en grupos mixtos (cada grupo ten varios alumnos de cada clase), utilizamos 5 espacios diferentes (aulas do Ciclo e aula de inglés).
 
No perído de tarde tivemos unha charla por Xosé Martínez sobre diferentes aspectos da nosa vila, como foron historia, lugares representativos, lendas, tradicións... Os alumnos tomaron nota do que alí escoitaron e ao final fixemos unha rolda de preguntas.


Para rematar esta primeira xornada cada grupo elaborou un listado, en orde de preferencia, daqueles lugares da cidade que lle mostrarían a un rapaz da súa idade que se achega por primeira vez a Monforte.


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ÁLBUM COAS FOTOGRAFÍAS DO DÍA


No hay comentarios:

Publicar un comentario