jueves, 6 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO "FOLLOW ME"

DÍA 4

Penúltimo día de proxecto, empezamos recibindo aos alumnos no corredor do Ciclo, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a xornada.

Na xornada de hoxe traballamos sobre todo 
as competencias lingüística, artística e tecnolóxica. Foi a xornada na que elaboramos todos os traballos nos que plasmamos o traballo das 3 xornadas anteriores.

En cada grupo de traballo distribuíronse as tarefas para realizar a guía manuscrita en tamaño A3, a guía dixital e as diversas presentacións sobre os lugares escollidos como representativos da cidade.

Todo isto sen olvidar que ao longo da xornada continuamos sendo reporteiros do proxecto, realizando fotografías dos grupos metidos en faena e incluso fixemos entrevistas a alumnos e mestres sobre como está funcionando esta nova dinámica de traballo.

Por outro lado continuaron traballando os responsables de manter actualizado o blog do proxecto que están a elaborar os alumnos.

Mañá será un día moi emocionante, pola mañá realizaremos a avaliación do Proxecto e pola tarde faremos unha presentación de todos os materiais elaborados á que se invitou ás familias.

Remataremos a xornada e a semana cun magosto no que participarán todos os alumnos de Infantil e Primaria.

ÁLBUM DE FOTOS DA XORNADA


No hay comentarios:

Publicar un comentario