martes, 4 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3ºCICLO "FOLLOW ME"

DÍA 2
Empezamos recibindo aos alumnos outra vez no Salón de Actos, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a lles explicamos a xornada.
Tendo en conta que os obxectivos principais do Proxecto son o coñecemento da cidade e a mellora do traballo en grupos cooperativos as actividades de hoxe seguen encamiñadas nese sentido. 


Empezamos co "Diario do Proxecto", hoxe facemos referencia ao traballo do luns, a partir de hoxe esta tarefa farémola cada día ás 17:15 como parte final da xornada. Un exemplo é o de Inés (5ºB)

Despois empezamos un traballo moi relacionado coa competencia matemática e cientifica, situamos nun plano de Monforte os lugares emblemáticos que escollimos e despois trasládamolos a un plano xigante colocado no corredor do Ciclo.

Durante a mañá empezamos xa o traballo de búsqueda de información para as referencias que terá a nosa guía e por outra parte un grupo de alumnos comezou o deseño do Blog de Ciclo que se vai iniciar neste proxecto, e que quedará para posteriores proxectos ou traballos.

ENLACE AO BLOG 



Xa pola tarde fixemos unha redistribución dos grupos, estes novos equipos elaboraron xa un documento redactado e coa información precisa sobre cada un dos lugares que se lle asignaron seguindo o criterio de prioridade que eles mesmos estableceron no día de onte.
 
ÁLBUM COAS FOTOGRAFÍAS DO DÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario