martes, 6 de octubre de 2015

DÍA 2: ENQUISAS SOBRE O CONSUMO DE AUGA E EXPOSICIÓNS

Hoxe comezamos o día traballando nun Powerpoint que nos ensinaba distintas cousas sobre o tema que nos ocupa: estados, accidentes de relevo relacionados coa auga, usos, cualidades... Por grupos os rapaces tiveron que contestar ao test e elaborar un mapa acerca do contido que lle tocou. Máis tarde exporemos por grupos base cada tema ao resto de compañeiros.
 No recreo realizaremos unha toma de datos acerca do consumo de auga nos fogares dos compañeiros doutros cursos, e xa pola tarde elaboraremos as gráficas para representalo dun xeito máis vistoso. Ah! Por certo, todo o vocabulario dado o traballaremos tamén en inglés!