viernes, 9 de octubre de 2015

PROXECTO 3º E 4º, DÍA 5: AVALIACIÓN E RECORDOS

Despois do longo camiño recorrido onte, hoxe puxémonos mans á obra para recordar a través de mapas mentais e resumos o traballado. Ademáis, como bos observadores, realizamos unha diana de autoavaliación para  extraer conclusións acerca do noso traballo durante a semana.

A última hora da mañá rematamos os nosos diarios (os resultados os veredes o vindeiro martes) e decoramos as nosas comisolas amosando os artistas que levamos dentro.

Aquí algunhas fotos de traballos rematados: