jueves, 8 de octubre de 2015

DÍA 4 EN 3º E 4º: RECORRIDO POLO NOVO PASEO DO CABE

Os rapaces de 3º e 4º fomos recorrendo o novo paseo do Cabe fixándonos nalgúns aspectos traballados durante a semana: o curso do río, o caudal, elementos contaminantes... Ademáis tivemos ocasión de falar da necesidade de manter a Natureza en bo estado e ser cívicos e responsables nas nosas accións. Algúns rapaces aproveitaron para recoller os plásticos que atopamos, moi posiblemente, tirados alí por xente pouco cívica.
Xa pola tarde, recordamos o vocabulario visto pola mañá. Entre outras actividades, fixemos un "Pasapalabra" e a verdade e que acertaron moitas respostas.
Mañá finalizaremos o proxecto.