domingo, 11 de octubre de 2015

Proxecto "VOYAGE, VOYAGE" 5º-6º E. Primaria -- 5º día

Último día de proxecto.
Ao longo da mañá rematamos todas os produtos pendentes (textos, presentacións e presupostos), á vez que preparamos a xornada de tarde, na que lle expuxemos o traballo realizado ás familias.
Foi unha tarde moi especial, na que todos, alumnos, mestres e familias compartimos o traballo realizado, sendo completamente protagonistas os rapaces.
Como final de proxecto, e xa sen as familias, os alumnos que o desexaron compartiron a súa valoración da semana en asamblea.
A semana vindeira será o momento de avaliar, tanto por parte dos mestres como dos propios alumnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario